O CAPM de Vigo-Valadares atópase na parroquia de Valadares, unha das máis grandes de Vigo. Estamos dentro dun polígono industrial polo que, de vistas e espazos bonitos arredor non podemos presumir… a cambio, os nosos veciños/as son os meniños/as da Galiña Azul por un lado, e unha enorme cafetería onde pasar as tardes dos mércores, polo outro. Agora si que vos apetece vir, non? Somos xente moi activa xa que, por fortuna, somos todos moi independentes. Gústanos manternos espertos (de corpo e mente), as festas con baile e as saídas fóra do Centro.

Tamén gozamos especialmente de visitar unha vez ao mes aos meniños/as ingresados de longa duración do hospital Álvaro Cunqueiro. Para deseñar e levar a cabo as diferentes actividades que aquí se realizan, traballamos arreo 43 maiores apoiados/as por 11 traballadores/as.